Así somos

 Ola, benvid@ á nosa web!

Somos Mª José e Susana, estilistas profesionais dende hai máis de vinte anos, e cada día deles disfrutamos proporcionándoche o estilo máis axeitado á túa personalidade ou a quen queres ser, o que precisas para a túa vida diaria ou para ocasións especiais.

Para darcho, dende maio de 2009 diriximos o salón de perruquería e estética Mª José & Susana, na rúa Novo Cazón de Vilalba.

Creamos esta web para achegarche o que diariamente podes atopar no noso salón: a nosa experiencia e coñecementos, vertidos nas últimas técnicas de coidado do cabelo e estética.

Tamén a creamos como un medio para coñecerte. Queremos recibir aquí as túas preguntas, resolver as túas dúbidas, ofrecerche consellos e escoitar as túas suxestións. Podes contactar con nós utilizando a pestana superior, ou achegarte ao noso salón.

Gostaríanos que esta fose unha das túas páxinas habituais, e que atopes nela o que precisas.

Benvid@!