O teu solárium

No noso solárium aténdete persoal cualificado con formación específica e especializada, que coida da túa seguridade e procura a túa satisfacción.



Analizamos as características da túa pel e, dacordo co seu fototipo, recomendámosche o tratamento e os tempos de exposición aos raios UV máis adecuados, tras proporcionarche os elementos de protección homologados necesarios.

O tratamento na nosa cabina vertical proporciona un bronceado integral, seguro, sen manchas, rápido e eficaz.